Sunday 12 de May de 2024

A Casa da Cultura, escenario para o festival de fin de curso da Escola Municipal de Música



Terá lugar mañá sábado a partir das 12 horas e contará coa participación dun centenar de nenos e nenas. A entrada será de balde

Mañá sábado, 1 de xullo, de 10 a 13 horas terá lugar na Casa da Cultura o festival de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ordes. Aínda que nun principio a actuación ía ter lugar na alameda as previsións meteorolóxicas motivaron esta variación. En total participarán preto de 100 nenos, nenas, mozos e mozas que, en moitos casos acompañados do seu profesorado, porán de manifesto todo o aprendido ao longo deste curso. Entre outros números figuran pezas do grupo de música e movemento, pezas de coral e combo-rock, percusión guitarras, ademais da actuación da Big Band da escola da Banda Xuvenil.

Con esta convocatoria preténdese, por un lado, achegarlles aos habitantes de Ordes o traballo e esforzo que se realiza por parte do alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música, á par que se brinda unha actividade de desfrute ao aire libre na que a música é a máxima protagonista. Casa da Cultura